O Festival de Málaga que arrinca hoxe e que durará ata o 19 de marzo contará coa participación de películas galegas como ‘Matria’, dirixida por Álvaro Gago e producida por Matriuska, ‘Sica’, dixirida por Carla Subirana e producida por Miramemira que competirán na sección oficial do Festival de cine de Málaga pola polas Biznagas de ouro que terá lugar na cidade andaluza dos días 10 ao 19 de marzo.
Tamén se poderá ver a película ‘Amigos hasta la muerte’, dirixida por Javier Veiga producida por Undodez na Malaga Premiere sección oficial fóra de concurso e a curtametraxe ‘Ulises’, dirixida por Félix Bríxel e producida por Gaitafilmes competindo na Sección Oficial de Curtametraxes.
En paralelo, a sexta edición de Málaga Work in Progress, unha das seccións de MAFIZ (Málaga Festival Industry Zone), destinado a producións españolas, portuguesas e latinoamericanas en fase de postproducción, contará co proxecto de ‘As Neves’ de Socia Méndez, producido por Cósmica Producións.