A película ‘A Illa das Mentiras’ dirixida por Paula Cons gaña o London Spanish Film Festival e o Celtic Media Fest na categoría de ‘Single Drama’

A película ‘A Illa das Mentiras’ dirixida por Paula Cons gaña o London Spanish Film Festival e o Celtic Media Fest na categoría de ‘Single Drama’

A 16 edición do London Spanish Film Festival escolleu o filme da directora galega como o mellor entre 11 candidatos, e o Celtic Media Festival premiouno nunha categoría na que competía contra película procedentes dos países celtas.

O Xurado do London Spanish Fil Festival, formado nesta edición pola artista británica e directora Nina Danino, o escritor italiano residente en Londres Paolo Nelli and e a distribuidora británica Dena Blakeman, escolleu ‘A Illa das Mentiras’ entre once longametraxes en competición entre as que estaban ‘Ane’, ‘Nieva en Benidorm’ ou ‘Sentimental’.

Esta película, coprodución entre Galicia (Agallas Films), Euskadi, Arxentina e Portugal tamén se alzou co Torc Award ao mellor ‘Single Drama” en The Celtic Media Festival, o máis antigo e prestixioso festival nas nacións celtas.

‘A illa das mentiras’ tivo a súa premier mundial no Festival Internacional de Cinema de Shanghái ( SIFF) e tamén participou no Festival de San Sebastián ( SSIFF) dentro da sección “Made in Spain”. Formou parte do Festival Internacional de Cinema de Ourense (OUFF), onde a súa directora, Paula Cons, recibiu o premio Xacobeo á mellor produción galega do festival no que destacaron “o talento, tesón e profesionalidade da súa autora”.

A maiores de todos estes recoñecementos, a película inaugurou o Festival de Cans (Galicia), participou en Spanish Film Festival (Ámsterdam) e no FAJR Internatinal Film Festival celebrado en Teherán. ‘A Illa das Mentiras’ estreouse en Filmin o 24 de xullo e foi o título máis visto na plataforma na súa primeira fin de semana de estrea e un do tres máis vistos no mes de agosto.

Máis de 40.000 espectadores puideron desfrutala a través da plataforma. Posteriormente estreouse en 17 salas de toda Galicia, onde aínda continúa en cartel. Alí arrinca a súa 5ª semana de exhibición con máis de 5.000 espectadores acumulados. ‘A illa das mentira’s está dirixida por Paula Cons e protagonizada por Nerea Barros, Dario Grandinetti, Aitor Luna, Vitoria Teijeiro, Ana Oca e Milo Taboada. A película está inspirada en feitos reais, concretamente no afundimento do buque “Santa Isabel” fronte ás costas da illa de Sálvora (A Coruña) en 1921.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies