O filme en coprodución con Zeitun Films, ‘Miguel’s war’, estrearase en España no Festival de Sevilla

O filme en coprodución con Zeitun Films, ‘Miguel’s war’, estrearase en España no Festival de Sevilla

A película ‘Miguel’s war’ (‘A guerra de Miguel’), dirixida por Eliane Raheb e coproducida polas empresas Zeitun films (Galicia), ITAR productions (Líbano) e Kabinett film (Alemaña), estrearase en España no Festival de Cine de Sevilla.

Despois da súa estrea internacional na Berlinale na que acadou o Premio Teddy, a película poderá verse en España o vindeiro mes de novembro dentro da programación do Festival de cine europeo de Sevilla que terá lugar nesta cidade dos días 6 ao 14.

‘Miguel’s war’ (‘A guerra de Miguel’) é un documental de Eliane Raheb que explora diferentes formas narrativas para retratar a historia dun home gai libanés que fuxiu do seu país nos oitenta tentando atopar a liberdade en España.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies