A TVG estrea esta noite ‘A illa das mentiras’ na conmemoración do 8-M

A TVG estrea esta noite ‘A illa das mentiras’ na conmemoración do 8-M

Arredor do 8-M, Día Internacional da Muller, a Televisión de Galicia ofrece contidos especiais, ademais da cobertura informativa dos actos conmemorativos. O mesmo martes 8 de marzo, a TVG estreará ‘A illa das mentiras’, película dirixida por Paula Cons e unha homenaxe ás tres mulleres que se converteron en heroínas tras o naufraxio do buque Santa Isabel fronte ás costas galegas en 1921. Esta proxección, galardoada con cinco premios Mestre Mateo, forma parte do ciclo ‘Voa con…’, que achega historias reais situadas en Galicia con protagonistas galegas, como ‘María Solinha’ e a recentemente estreada ‘Sofía Casanova, a obreira do pensamento’.

O día 8, na G2, ofrecerase o documental ‘Tódalas mulleres que coñezo’, filme de Xiana do Teixeiro que amosa as vivencias de mulleres diversas como evidencia do violenta pode seguir sendo a ser a rúa hoxe en día. A película está feita de conversacións en tres escenarios enlazados e significativos que poñen de relevo a violencia contra as mulleres.

Así mesmo, desde comezos de mes, estanse a ofrecer contidos especiais nas Noites Temáticas da G2, como os documentais ‘Rosalía, a musa do pobo’ e ‘Rosalía de Castro, sombras sen sombra’ e as tv-moviesContou Rosalía’ e ‘Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde’.

Ademais, neste mes de marzo, o programa ‘Vivir Aquí’ emite cada domingo reportaxes protagonizadas por mulleres. Este domingo, os espectadores coñeceron  a experiencia dunha empresa compostelá especializada en robótica e os seus pasos cara á  igualdade e á conciliación, e outra de Lugo que amosa como moita parte da iniciativa para fixar poboación activa no rural está sendo liderada por mulleres.

En redes sociais, a CRTVG leva emitindo desde o 2 de marzo vídeos sobre mulleres referentes nos seus campos, como a skater olímpica galega Julia Benedetti; a cociñeira Lucía Freitas; Ana Tojeiro, a mellor mestra de España nos Premios Educa Abanca; a poeta Luz Fandiño; a astrofísica Begoña Vila, especializada no estudo das galaxias espirais, e a comunicadora Carolina Iglesias, autora do blog ‘Estirando el chicle’, gañador do premio Ondas 2021.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies