O novo filme de Alfonso Zarauza, ‘Malecolía’ chega á carteleira o 1 de abril.
O filme galego foi rodado no Carballiño é a sexta película de Alfonso Zarauza. Está producida por Maruxiña Film Company e conta coa participación de Televisión de Galicia, coa subvención de AGADIC e a colaboración da Deputación de Ourense, ademáis do patrocinio de Deleite.
En ‘Malencolía’ Alfonso Zarauza busca tratar o xénero do terror dun modo pouco convencional, partindo da rica tradición galega oral e literaria sobre o medo para engadir elementos do estilo americano slasher, de asasinos en serie e gore. Para abordar esta mestura de xéneros o cineasta galego voltou contar con colaboradores habituais no seu equipo técnico, como Elia Robles na dirección de arte, Alberte Branco na de fotografía, Tamara Soto na dirección de produción ou Fernando Alfonsín na montaxe.