‘Rompente’, curtametraxe dirixida polo director galego Eloy Domínguez Serén e producida pola produtora coruñesa Zeitun Films, estrearase no 25 Festival de Málaga.
O director galego Eloy Domínguez Serén presentará a súa curtametraxe de ficción ‘Rompente’ na sección oficial da 25ª edición do Festival de Málaga que se celebrará do 18 ao 27 de marzo de 2022.
‘Rompente’ é unha produción de Zeitun Films que foi rodada na comarca coruñesa de Barbanza e que está protagonizada por Sergio Baleirón, Soraya Luaces e Vicente Mohedano.
SINOPSE:
Santi é un pai adolescente que vive nunha pequena vila costeira. De día traballa nas bateas e polas noites marisquea de maneira furtiva. Mentres a súa moza Lucía asume en soidade o coidado do bebé de ambos, Santi, ausente e afogado pola responsabilidade, busca refuxio e redención no mar.