Co gaio do centenario do nacemento da actriz María Casares, asociacións e colectivos da cultura galega únense para solicitar o cambio de nome do Teatro Colón da cidade da Coruña por Teatro María Casares.
Esta iniciativa, provida pola Plataforma de Traballadoras e Traballadores do Sector Cultural #UnimonosOuAfundimos, está apoiada por entidades como: a Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), a Academia Galega do Audiovisual, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), a Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización (CREA), a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (Aelg), a Asociación de Músicas ao Vivo, a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, a Fundación Luzes, a Fundación Uxío Novoneyra e a Asociación Cultural AÏS etc.
María Casares foi unha das actrices europeas máis importantes do século XX. Fortemente comprometida con valores como a igualdade e liberdade, colaborou na resistencia contra os nazis.