Estréase na Coruña o documental ‘María Casares: a muller que viviu mil vidas’, de Agallas Films

Estréase na Coruña o documental ‘María Casares: a muller que viviu mil vidas’, de Agallas Films

O documental producido por Agallas Films “María Casares: a muller que viviu mil vidas” estreouse o luns 21 no Teatro Colón da Coruña, tralo seu paso polo Festival Internacional de Cine de Ourense e pola Seminci de Valladolid, e coincidindo co día no que se celebran os 100 anos do nacemento da actriz.

Na mañá do mesmo luns, o filme dirixido por Xavier Villaverde presentouse nun acto que contou coa participación do delegado da Xunta, Gonzalo Trenor. O documental recibiu subvención da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Trenor destacou que “este documental proponnos un achegamento íntimo e profundizo á vida desta muller extraordinaria, e un homenaxe, desde a súa Galicia natal, a unha figura deslumbrante, magnética e fundamental nas artes escénicas da Europa do século XX”. Conta coas intervencións —entre outros— de María Lopo, Emilio Grandío, Manuel Rivas, Mabel Rivera, Johanna Silberstein, Jorge Lavelli, Marion Chénetier-Alev e Manolo Lourenzo.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies