O Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

O Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

A Academia Galega do Audiovisual anunciou hoxe a concesión do XI Premio Especial José Sellier ao Chanfaina Lab, un proxecto de creación audiovisual colectiva que se celebra no concello de San Sadurniño.

A Academia quere recoñecer unha iniciativa “que fomenta a liberdade creativa e favorece a convivencia, unindo a cineastas de calquera idade, xénero, procedencia ou traxectoria para compartir experiencias arredor da obra cinematográfica. Unha proposta que reinvindica a súa alma rural e o seu espírito comunitario, sendo quen de implicar a veciñas e veciños e de inspirar as vocacións de novas xeracións de cineastas.”

Chanfaina Lab convida a creadores audiovisuais a gravar no concello de San Sadurniño unha curtametraxe durante unha fin de semana con total liberdade temática e estilística, con San Sadurniño como referente. No mes de febreiro os filmes son proxectados nun acto público coa asistencia dos autores e a veciñanza do concello. A convivencia de cineastas locais de diferentes idades e procedencias con outros de traxectorias consolidadas enriquece unha proposta que se fundamenta no respecto polo territorio.

A entrega de premios terá lugar o vindeiro sábado 3 de decembro ás 20:00 horas, no Teatro Colón da Coruña. Se desexas acompañarnos, podes confirmar asistencia premendo o botón a continuación. Durante a mesma, terá lugar unha proxección dunha escolma de filmes realizados ao abeiro do Chanfaina Lab.

O Premio Especial José Sellier é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, que conta co apoio do Concello da Coruña.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies