Etiqueta: academia

Chega a Semana de Cinema Galego, da man da Academia Galega do Audiovisual

A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha cita consagrada ao talento máis próximo, exhibirá durante seis días no Teatro Colón nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, do 14 ao 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña. Programación completa Hoxe mércores …

‘Rapa’ e ‘O corpo aberto’ acaparan as candidaturas finalistas dos XXI Mestre Mateo

Os académicos Esther Estévez, Iolanda Muíños e Xosé A. Touriñán foron os encargados de dar a coñecer os nomes dos proxectos e profesionais finalistas da XXI edición dos Premios Mestre Mateo, desde o museo MEGA Estrella Galicia. A primeira rolda de votacións sitúa a Rapa como a produción máis votada …

O Chanfaina Lab, XI Premio José Sellier

A Academia Galega do Audiovisual anunciou hoxe a concesión do XI Premio Especial José Sellier ao Chanfaina Lab, un proxecto de creación audiovisual colectiva que se celebra no concello de San Sadurniño. A Academia quere recoñecer unha iniciativa “que fomenta a liberdade creativa e favorece a convivencia, unindo a cineastas …

A Academia Galega do Audiovisual organiza unha xornada profesional sobre ‘O argumento como instrumento para a produción’ con Eliseo Altunaga

Esta formación terá lugar o vindeiro sábado, 11 de xullo, en horario de 11 a 14h no Centro Ágora da Coruña. A entrada será de balde previa inscrición. Tedes máis información no link.

Aberto o prazo de presentación de obras para a XX Edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual convoca a XX Edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo como recoñecemento ás obras galegas estreadas entre o 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro de 2021 e aos profesionais creativos e técnicos que traballaron nelas. Todas as obras que desexen participar …

Álvaro Pérez Becerra asume a presidencia da Academia Galega do Audiovisual

Álvaro Pérez Becerra (A Coruña, 1989) foi elixido por unanimidade novo presidente da Academia Galega do Audiovisual, na asemblea xeral ordinaria e electoral celebrada o pasado 4 de xuño. Está acompañado na vicepresidencia polo guionista e produtor Pepe Coira e a actriz e cineasta Sonia Méndez. Unha nova etapa na …

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies