A cuarta edición da Semana do Cinema Galego, unha cita consagrada ao talento máis próximo, exhibirá durante seis días no Teatro Colón nove das producións máis recentes e recoñecidas da industria cinematográfica asinada en Galicia, do 14 ao 19 de marzo no Teatro Colón da Coruña.
Hoxe mércores 15 de marzo, ás 20h poderá verse o filme ‘María Casares, a muller que viviu mil vidas’, producida por Agallas Films.
O venres 17 de marzo ás 20h será a quenda de ‘A foreing song’, producida por Matriuska Producciones, e ás 22h chegará o documental ‘No somos nada’, producido por Tamboura Films.
O sábado 18 de marzo ás 22h chegará ás pantallas o filme ‘O corpo aberto’, producido por Ollovivo e o domingo 19, ás 11.30h, o ciclo pecharase coa proxeción de ‘Valentina’, producida por Abano Producións.