O vindeiro venres, 9 de febreiro, a Academia Galega do Audiovisual organiza un debate sobre o futuro do audiovisual co gallo das eleccións galegas do 18 de febreiro no que participarán representantes dos partidos políticos con representación parlamentaria.
Terá lugar no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación da (USC) a partir das 17:00 horas con unha duración estimada de 90 minutos.
Participantes:
Julio Abalde (PSdG)
Carmen Pomar (PPdG)
Mercedes Queixas (BNG)
Moderadora:
Uxía Caride Blanco, xerente da Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) e docente na USC.
Haberá unha quenda de preguntas para o público asistente. As persoas que non podan asistir, poderán seguilo en streaming na canle de Youtube da Academia.