A igrexa do antigo convento pontevedrés de Santa Clara acolleu onte, mércores 7de febreiro, a gala de entrega dos Premios da Cultura Galega 2023, repartidos en oito categorías.
Gañadores Premios da Cultura Galega 2023 en cada modalidade:
-Audiovisual: Portocabo
–Letras: Yolanda Castaño
–Artes Plásticas: Museo do Gravado á Estampa Dixital
–Artes Escénicas: PistaCatro
–Música: Banda de Música Unión de Guláns
–Lingua: Ponte… nas Ondas!
–Patrimonio Cultural: Eduardo Pardo de Guevara
–Proxección Exterior: Cursos de verán Galego sen fronteiras
O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades e con representación do Consello da Cultura Galega, das universidades, da Real Academia Galega, da Real Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, da Xunta de Galicia, a través das áreas de Cultura e Igualdade, e de catro persoas de recoñecido prestixio no eido da cultura, designadas polo Goberno galego, valorou as propostas en cada unha das modalidades para seleciconar aos gañadores, que recibibrán como premio unha escultura ou peza conmemorativa realizada por un/unha artista galego/a de acreditado prestixio e un diploma acreditativo.