O proxecto ‘Alumbre’, filme que será producido por Zeitun Films, vén de gañar o VIPO Award en Cinemart de IFFR Pro.
O mercado de coprodución de IFFR Pro, sección de industria pertencente ao Festival Internacional de Cine de Rotterdam proporciona cada ano unha lista coidadosamente seleccionada de proxectos en desenvolvemento que son presentados ante representantes da industria audiovisual internacional. CineMart é un mercado só por invitación no que os profesionais dos proxectos seleccionados traballan conxuntamente con expertos mentores con experiencia.
Foron sete o total de premios entregados aos proxectos presentados na 41ª edición do mercado de coprodución CineMart do IFFR durante a cerimonia de entrega de premios IFFR Prol celebrada o martes 30 de xaneiro, coorganizada con Catalan Films.
O proxecto ‘Alumbre’ que estará dirixido por Alejandro Telémaco Tarraf e producido por Zeitun Films, foi galardoado co VIPO Award destacando polo xurado a combinación equilibrada entre realidade e espiritualidade nun filme con moitos elementos abstractos pero ben incorporados na súa presentación. O premio, dotado con 3.000 €, supón o recoñecemento nun dos mercados de coprodución máis importantes do mundo.