Dous Goyas para películas producidas por empresas de AGAPI

Dous Goyas para películas producidas por empresas de AGAPI

A celebración da 38 edición dos Premios Goya recoñeceu con dous galardóns ao talento galego.

A actriz do Porriño Janet Novás foi recoñecida como a mellor actriz revelación polo seu traballo en ‘O corno’, película dirixida por Jaione Camborda e producida por Esnatu Zinema e Miramemira. A película foi a gañadora da Cuncha de Ouro no pasado Festival de Cinema de San Sebastián.

Ademais, ‘To Bird or not to Bird’, filme dirixido por Martín Romero e producido por Abano Producións (Chelo Loureiro), recibiu o Goya á mellor curtametraxe de animación. «Subir por terceiro ano consecutivo a recoller un Goya é incrible. A animación é cinema», dixo Chelo Loureiro, que lembrou aos outros nominados na súa categoría.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies