O filme ‘As Neves’, dirixido por Sonia Méndez e producido por Cósmica Producións, competirá pola Biznaga na Sección Oficial da 27º do Festival de Málaga.
A longametraxe é un drama adolescente ambientado nunha vila ficticia chamada As Neves, onde na noite do entroido un grupo de mozos e mozas celebra unha festa e toman setas alucinóxenas por primeira vez. Ao día seguinte despertan con unha tormenta de neve e a noticia de que Paula desapareceu.
‘As Neves’ está protagonizada por Andrea Varela, David Rodríguez Fernández e Antía Mariño, ao que se suman novos talentos debutantes e a colaboración especial de Lucía Veiga.
En palabras da directora Sonia Méndez: ‘É moi alentador que o certame aposte por unha ópera prima, en galego e con actores debutantes mozos’. ‘Estou moi contenta de que se estree aquí por onde xa pasou na última edición do work in progress. Unha honra que vaia nevar en Málaga en marzo’.
O Festival de Málaga terá lugar dos días 1 ao 10 de marzo e nel competirán un total de 19 películas na Sección Oficial, 11 españolas e 8 latinoamericanas.