O festival NOVOS CINEMAS clausura a súa 10º edición con ‘Así chegou a noite’ (Ángel Santos) producida polas nosas asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións

O pasado sábado o Festival Internacional de Cinema de Pontevedra clausurou a súa 10ª edición coa proxección de ‘Así chegou a noite’, do director galego Ángel Santos. O filme, producido por Amateur Films e as nosas produtoras asociadas Maruxiña Film Company e Matriuska Producións, que vén de gañar o Premio a Mellor Dirección no Festival de Xixón, conquistou ao público de NOVOS CINEMAS, que encheu unha vez máis a sala do Teatro Principal de Pontevedra.

‘Así chegou a noite’ estivo acompañada polo equipo técnico e artístico da película, que protagonizaron un coloquio realmente interesante co espectador arredor dun filme que convida a reflexionar sobre os aspectos máis sinxelos da vida.
