Oliver Laxe (Filmes da Ermida) convértese no sexto director español e o primeiro galego en ser nominado aos Globos de Ouro

O noso asociado Oliver Laxe, da produtora Filmes da Ermida, convértese no sexto director español (e primeiro galego) en ser nominado nos Globos de Ouro. O cineasta galego, nominado con ‘Sirat’ a mellor película de fala non inglesa e mellor música, pasa a formar parte así do selecto clube de directores españois nomiados nestes galardóns. Un fito histórico para o audiovisual galego.

Oliver Laxe: “Foi sen dúbida a miña película máis difícil ata o momento, unha rodaxe extrema en localizacións de Teruel, épicas e fermosas por igual. Pasamos dos varios graos baixo cero das noites de inverno aragonesas á calor extrema do deserto do Sahara en pleno verán. Pero algo desa aventura desproporcionada que houbo detrás da cámara está no filme. ‘Sirat’ é unha película intensa e vertixinosa na que o mineral afiado da paisaxe non deixará indiferente a ningún tipo de espectador”.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies