Pemios Feroz: 5 películas candidatas e 11 nominacións para producións de asociadas de AGAPI

Pemios Feroz: 5 películas candidatas e 11 nominacións para producións de asociadas de AGAPI

Pemios Feroz: 5 películas candidatas e 11 nominacións para producións de asociadas de AGAPI

Os Premios Feroz, organizados pola crítica cinematográfica estatal, veñen de anunciar o nome dos filmes nominados, nos que se atopan 5 películas producidas por asociadas de AGAPI, as cales suman un total de 11 nominacións.

‘Filmei paxaros voando’, ópera prima da cineasta galega Zeltia Outeiriño, producida pola nosa asociada Sétima, logrou situarse entre as cinco películas finalistas da categoría de Arrebato non ficción. Mentres que ‘Ciudad sin sueño’, dirixida por Guillermo Galoe e producida pola nosa asociada Sintagma Films e ‘Estrany riu’, ópera prima de Jaume Claret Muxart, producida pola nosa asociada miramemira, competirán polo premio á mellor película de Arrebato de ficción. O nome desta categoría rinde homenaxe á longometraxe Arrebato de Iván Zulueta (1979), unha obra vangardista e arriscada, que chegou a ser icónica na historia do cine español.

‘Sirat’, de Oliver Laxe, producida pola nosa asociada Filmes da Ermida, sitúase como a segunda película máis nominada, competindo en sete categorías:
· Mellor película dramática. Agustín Almodóvar, Esther García, Oriol Maymó, Xavi Font
· Mellor dirección. Oliver Laxe
· Mellor actor protagonista dunha película. Sergi López
· Premio Feroz DAMA ao mellor guión dunha película. Oliver Laxe, Santiago Fillol
· Mellor música orixinal. Kangding Ray
· Mellor tráiler. Aitor Tapia
· Mellor cartel. Daniel Requena, Alba Vence, Quim Vives

Finalmente, a película de animación ‘DECORADO’, de Alberto Vázquez, producida pola nosa asociada Abano Producións, opta a facerse co galardón na categoría de mellor película de comedia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies