‘As liñas descontinuas’ (Anxos Fazáns) da nosa produtora Sétima, fai sold out no festival NOVOS CINEMAS coa súa estrea en Galicia

‘As liñas descontinuas’, segunda longametraxe da directora galega Anxos Fazáns, da nosa produtora asociada Sétima, tivo o pasado martes a súa estrea galega no Festival Internacional de Cinema de Pontevedra, NOVOS CINEMAS. A película foi escollida para inaugura esta 10ª edición do festival nunha celebración cinematográfica en toda regra na que o público de Pontevedra esgotou as localidades do teatro.

O equipo técnico da película estivo presente na sala, onde elenco e directora protagonizaron un fermoso coloquio no que se destacou a gran capacidade de dirección actoral de Anxos Fazáns.
