Agapi organiza no marco da Culturgal unha mesa para reflexionar sobre o futuro do audiovisual galego

Agapi organiza no marco da Culturgal unha mesa para reflexionar sobre o futuro do audiovisual galego

Baixo o título ‘Cara onde vai o audiovisual galego?’, representantes das diferentes asociacións profesionais do sector audiovisual galego reuniranse o sábado 26 para reflexionar de forma conxunta.

Está prevista a participación de:

•    CREA (Asociación galega de profesionais da dirección e realización). Paula Cons.
•    AAAG (Asociación de Actores e Actrices de Galicia). Xosé Barato.
•    AGAG (Asociación Galega de Guionistas).  Ángel Manzano.
•    Academia Galega do Audiovisual. Álvaro Pérez Becerra.
•    AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). Modera: Uxía Caride.

A cita será o sábado 26 de 11 a 12h no espazo profesional da Feira. Xa se poden realizar as preinscricións no link.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies