‘A Foreing Song, unha canción extranxeira’ do galego Cesar Souto, premio á mellor película española na 60 edición do Festival internacional de cine de Xixón

‘A Foreing Song, unha canción extranxeira’ do galego Cesar Souto, premio á mellor película española na 60 edición do Festival internacional de cine de Xixón

A película escrita e dirixida por Cesar Souto e producida por Daniel Froiz de Matriuska producións, rodouse ao longo de tres anos entre Nova York, Hartford e Santiago de Compostela ao redor da figura do recoñecido poeta americano, Wallace Stevens. A fotografía é un traballo de Alberte Branco. Colaboran Xunta de Galicia e ICAA.

Souto fíxose ademais co premio RC Service ao director da mellor película española, outorgado por un xurado composto polo programador e director do Festival D´A de Barcelona Carlos Rodríguez Ríos, a crítica de cinema Rosana G. Alonso e o realizador, crítico e escritor Javier Tolentino.

Sinopse: Ninguén diría que este home de vida ordinaria e aburrida é o autor dunha das obras poéticas máis singulares do século XX. Cando se lle pediu unha recensión biográfica para presentar a súa obra, o poeta modernista estadounidense Wallace Stevens negouse a escribila. Cría profundamente que a poesía non é persoal e que a voz que estaba detrás dos seus poemas era en realidade a voz dun Outro. Alguén, de lonxe, observa as casas idénticas nos suburbios solitarios de Estados Unidos. Na cidade do diñeiro, onte e hoxe, unha multitude camiña sen descanso. Voces sen rostro len fragmentos das cartas do poeta. Un paxaro de plumas douradas canta unha canción.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies