Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Unha escolma do mellor cinema galego poderá verse no Culturgal da man de AGAPI

Culturgal, encontro anual da cultura en Galicia, terá lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra dos días 25 a 27 de novembro. Un ano máis, poderán verse no marco do Culturgal as mellores producións audiovisuais feitas desde Galicia.

Agapi coordina de novo esta programación audiovisual que poderá disfrutarse no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra de balde coa entrada da Feira e ata completar aforo.

VENRES 25 DE NOVEMBRO 2022

19h. ‘O CORPO ABERTO‘. OlloVivo Producións. 2022. Dirección: Ángeles Huerta. Duración: 91 minutos. Adaptación do relato de Xosé Luis Méndez Ferrín “Lobosandaus”. Reparto: Tamar Novas, Victória Guerra, José Fidalgo, Federico Pérez, Elena Seijo, Miquel Insúa, Nicolás Otero, Izan González. Coa asistencia de Gaspar Broullón, produtor executivo, Ángeles Huerta, directora do filme, e equipo.

SÁBADO 26 DE NOVEMBRO 2022

12h. ‘VALENTINA’. Abano Producións. 2021.  Dirección: Chelo Loureiro. Duración: 65 minutos. Mellor Película de Animación Premios Goya 2022. Valentina soña con ser trapecista e pensa que por ser Down non poderá conseguirlo, pero a súa avoa, compañeira de xogos, aprendizaxes e cancións asegúralle que, se os vermes poden converterse en bolboretas, nada é imposible. Coa asistencia de: María Barro, equipo de produción do filme. 

17.30h. ‘UNICORN WARS’. Abano Producións. 2022. Dirección: Alberto Vázquez. Duración: 80 minutos. Un filme de animación no que o exército osiños adoutrina a novos e inexpertos recrutas para conducilos á guerra iniciada contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo. Coa asistencia de: María Barro, equipo de produción do filme. 

19h. ELES TRANSPORTAN A MORTE. Filmika Galaika. 2021. Dirección: Samuel L. Delgado e Helena Girón. Duración: 75 minutos.1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que conseguiron evitar as súas condeas de morte participando nesta incerta viaxe, pero ao chegar ás Canarias, fuxen. Mentres, no “Vello Mundo”, unha muller trata de salvar a súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poda axudala. Coa asistencia de: Beli Martínez, produtora executiva do filme.

DOMINGO 27 DE NOVEMBRO 2022

16.30h. ‘A VIRXE ROXA’. 2021. Recrea Films. 2021. Dirección: Marcos Nine. Duración: 93 minutos. Documental ao redor do suceso acontecido en xuñode 1933: Aurora Rodríguez Carballeira acaba coa vida da súa propia filla de 18 anos. Hildegart Rodríguez era unha nena prodixio da política, da intelectualidade e do feminismo. Coa asistencia de: Chema Gagino e Amalia Mato, produtores executivos do filme e Marcos Nine, director.  

18h. ‘WELCOME TO MA MAISON’. Gaitafilmes. 2021. Dirección: Andrés Goteira. Duración: 65 minutos. Reparto: Igor Fernández, Angel Sala, Nacho Ozores, Suso López, Andrés Goteira Burr. Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON ten obsesión coas mans. Igor NON é admirador do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis navidiegos. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental). Coa asistencia de: Andrés Goteira, director do filme.

19.15h. ‘O GRAN CAMIÑO’. Meteórica Cine. 2020. Dirección: Alba Prol e Raúl García. Duración: 82 minutos. Dous cineastas emprenden unha viaxe por algunhas das rutas a pé máis importantes do mundo na busca de historias que revelen as razóns da natureza camiñante do ser humano. Entre eses camiños está o de Santiago. 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies