O 21 de outubro chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova película de animación do galego Alberto Vázquez

O 21 de outubro chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova película de animación do galego Alberto Vázquez

O 21 de outubro chega aos cinemas ‘Unicorn Wars’, a nova película de animación do galego Alberto Vázquez, producida por Abano Producións (Chelo Loureiro).

Logo do seu exitoso paso por prestixiosos festivais como Annecy ou o Festival de Sitges, a película chega ás salas de toda España o vindeiro venres. Cualificada para maiores de 16 anos o filme supón unha oportunidade para reflexionar sobre a guerra en tempos de guerra.

“É unha mestura de Apocalypse Now, Bambi e a Biblia, ten aspectos das tres. Pero tamén digo que a película parte do xénero bélico pero atopa a súa propia linguaxe”, explica o director. “A crítica e o público estánnos apoiando, así que seguiremos facendo animación a agardamos que se sume máis xente”, engade a productora Chelo Loureiro.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies