Agapi relanza a canle de youtube con novos contidos

Agapi relanza a canle de youtube con novos contidos

Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) reforza a súa presencia en youtube con unha canle de contidos audiovisuais.

A canle AGAPI_COMUNICA pon a disposición dos usuarios un total 20 xornadas formativas agrupadas en listas temáticas sobre ‘Financiamento e xestión de proxectos no audiovisual, ‘Coprodución e mercado internacional, ‘Audiovisual e educación e ‘Dereitos dos proxectos audiovisuais. Todas estas formacións leváronse adiante nos últimos meses impulsadas pola Asociación en formato en liña.

Esta posta a disposición pública e gratuíta das conferencias e xornadas celebradas por AGAPI ten como obxectivo aumentar a accesibilidade e contribuír na divulgación do coñecemento por parte de profesionais de recoñecido prestixio.

A idea desde a Asociación é seguir ampliando este repositorio con novos materiais que permitan a actualización de contidos tan necesaria nun sector tan vivo como é o audiovisual.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies