O roteiro de ‘Elas, produtoras executivas’ que deu comezo hai unhas semanas contiúa o seu percorrido por diferentes institutos públicos da provincia da Coruña. Esta iniciativa de empoderamento femino conta coa subvención da Deputación da Coruña e permite achegar o visionado dun documental seguido dun coloquio a seis institutos públicos da provincia da Coruña.
Hoxe foi a quenda do IES As Telleiras de Narón, unha xornada na que estivo presente Olaia Ledo para contribuir na visibilidade das produtoras executivas galegas entre o alumnado, incrementando o número de referentes de mulleres en postos directivos e empresariais.
Durante este mes de outubro, están previstas as visitas a centros como o IES Xelmírez (Santiago de Compostela) ou o IES Monelos (A Couña).
Esta actividade busca aumentar o interese no feminismo, logrando a visibilidade das produtoras executivas galegas ao tempo que aumenta a conciencia crítica e contribúe a acadar unha igualdade real.