Todos os ollos do Festival de Sitges están postos en ‘Unicorn Wars’, do coruñés Alberto Vázquez, que compite na sección oficial cunha proposta de autor, que introduce a tenrura na máis profunda escuridade.
“É unha mestura de Apocalypse Now, Bambi e a Biblia, ten aspectos das tres. Pero tamén digo que a película parte do xénero bélico pero atopa a súa propia linguaxe”, explica o director.
“A crítica e o público estánnos apoiando, así que seguiremos facendo animación a agradamos que se sume máis xente”, engade a productora Chelo Loureiro.
Cualificada para maiores de 16 anos, a película chegará aos cines o 21 de outubro. Unha oportunidade para reflexionar sobre a guerra en tempos de guerra.