O 11 de outubro estréase a última curtametraxe de Kraken Films, “Compañeiros”, na XXIII Mostra de Curtas de Noia”

O 11 de outubro estréase a última curtametraxe de Kraken Films, “Compañeiros”, na XXIII Mostra de Curtas de Noia”

A XXIII edición da Mostra de Curtas de Noia terá lugar entre os días 11 e o 22 de outubro. O certame audiovisual arrincará cunha gala inaugural no Coliseo Noela na que renderán unha homenaxe póstuma ao actor, humorista e presentador Pedro Brandariz, recentemente falecido, pola súa achega a este evento durante tantas edicións.

Este certame acollerá a estrea da curtametraxe ‘Compañeiros’, producida por Dinamo Producións e Kraken Films e dirixida por Fernando Tato.

Durante a Mostra de Curtas serán proxectados os setenta traballos que foron seleccionados de entre as case mil trescentas curtametraxes que recibiron procedentes de máis de cincuenta países. O xurado estará composto polas actrices Ledicia Sola e Beatriz Melgares, o actor Chechu Salgado, o director Hugo Gómez e o propio concelleiro de Cultura de Noia.

Máis info

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies