Ródase en Galicia a serie ‘Os Enviados’, producida por Portocabo

Ródase en Galicia a serie ‘Os Enviados’, producida por Portocabo

A tempada 2 de ‘The Envoys’ (Os Enviados) de Paramount+, do gañador do Óscar Juan José Campanella, está a rodarse en Galicia. Os protagonistas son Miguel Ángel Silvestre e Luís Gerardo Méndez retoman os seus papeis neste thriller. Estes novos episodios están producidos por VIS, o estudo internacional de Paramount, en colaboración con 100 Bares, o selo de produción de Campanella en Buenos Aires e a coruñesa Portocabo (‘Hierro’, ‘Rapa’), con sede na cidade herculina.

A trama inicial desenvólvese na cidade mexicana de San Acacio, onde tiveron lugar unhas supostas recuperacións milagrosas. Nesta nova tempada, os protagonistas, Simón e Pedro, son enviados para verificar outros posibles milagres nun convento de vila onde residen tres monxas cegas. Nesta mesma localidade, á súa chegada, morre un dos anfitrións, provocando así unha dobre investigación. Segundo Campanella, elixiuse Galicia como estudio “para darlle á historia unha estética diferente e un ambiente natural que axudará a mergullarse no misterio da trama”. Esta nova historia afástase dos exorcismos da primeira tempada para dar espazo ao fanatismo relixioso.

A elenco da tempada 2 complétase con: Marta Etura, Martí Cordeiro, Susi Sánchez, Charo Zapardiel, Cristina Marcos, Ricardo de Barreiro, Isabel Naveira, MiquelInsúa, Pepón Nieto, Pepo Suevos, Guillermo Carbajo, Francis Lorenzo, Carlos Olalla e Luís Iglesia.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies