‘A Cero.5’ é unha longametraxe documental do director Gonzalo Suárez Garayo sobre a súa experiencia coa discapacidade e o AMFIV, un club de baloncesto en cadeira de rodas.
Producida pola empresa galega Agallas Films e a portuguesa Take 2000, Conta coa participación da TVG, RTVG, co apoio de Agadic, Ibermedia e Deputación da Coruña. ‘A Cero.5’ foi seleccionada para a sección oficial, fóra de concurso, da SEMINCI, Semana Internacional de Cine de Valladolid e o Festival de Cine Internacional de Ourense.
SINOPSE
Gonzalo Suárez quere ser director de cinema, En novembro de 2006 a súa visa párase. E comeza a historia da súa longmetraxe. Empeza a practicar baloncesto en cadeira de rodas para non estar só. Para seguir a súa rehabilitación, que o Estado dá por acabada. E para que a súa película avance.
No famoso club vigués de baloncesto en cadeira de rodas, AMFIV, atopa a espectacularidade do entrechocar das cadeiras, as aparatosas caídas, as acaloradas protestas, o cheiro da goma queimada, a velocidade, a dureza, o estalido das rodas, a
enorme competitividade, e o compañeirismo.