A TVG emite este mércores o programa ‘Tupper Club’ (22.45horas), unha exclusiva sociedade gastronómica onde tres celebrities galegas loitan cada semana por facerse co triunfo: O ouro.
Neste divertido concurso de cociña de fiambreira os participantes nunca saberán contra quen compiten ata que se vexan as caras no Tupper Club capitaneado por Alex Iglesias, chef do restaurante Cabanas de Lalín, O programa está dirixido polo boirense Juan Gallardo e producido pola produtora situada en Nigrán, M International Audiovisual.
Logo do éxito da primera temporada, o programa volve ás noites dos mércores á TVG con moitas novidades. Nesta segunda temporada haberá moitas sorpresas, tanto nos invitados, coma nas recetas e aventuras que vivirán os participantes do ‘Tupper Club’. Durante os 10 programas, os espectadores poderán coñecer aspectos persoais das caras máis coñecidas de Galicia, así como as súas artes culinarias. Cada semana pasarán polo programa caras coñecidas entre as que se atopa un futbolista campeón de liga, actrices, un premio Goya e ata unha aristócrata.