Mañá, xoves 23 de marzo, arrinca o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ pola provincia de Pontevedra da man da Deputación

Mañá, xoves 23 de marzo, arrinca o roteiro ‘Elas, produtoras executivas’ pola provincia de Pontevedra da man da Deputación

O vindeiro xoves, día 23, comeza o “Roteiro Elas, produtoras executivas” na provincia de Pontevedra. Unha actividade organizada pola Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais (AGAPI), coa colaboración do Servizo de Igualdade da Deputación de Pontevedra. Esta actividade ten como finalidade potenciar o papel capital que teñen as mulleres na produción audiovisual.

A primeira cita será no IES Valle Inclán da mesma cidade de Pontevedra, ás 10h., acompañados por Alba Prol, que con Raúl García, forma parte da empresa Meteórica Cine. Seguiremos anunciando novas datas moi pronto.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies