O documental ‘A Cero .5’, de Gonzalo Suárez Garayo estrearase o 20 de maio a través da plataforma Filmin

O documental ‘A Cero .5’, de Gonzalo Suárez Garayo estrearase o 20 de maio a través da plataforma Filmin

Estreada na SEMINCI, a película documental que agora chega a Filmin, narra o proceso de reconstrución dun estudante de cine que tras unha lesión medular decide coller unha cámara e documentar todo o proceso ata a súa entrada nun equipo de baloncesto en cadeira de rodas.

É unha produción de Agallas Films (A Illa das Mentiras), coescrita a catro mans coa súa produtora executiva Paula Cons (¿Dónde está Marta? De NETFLIX e A Illa das Mentiras) e Gonzalo Suárez.

‘A Cero. 5’ unha longametraxe documental que abarca toda unha vida, é a historia de Gonzalo un aspirante a director de cine, que aos seus vinte sofre un accidente que lle causa unha lesión medular. Gonzalo que ata o momento só estivera interesado en realizar ficción, decide coller unha cámara e gravar un documental que narra a súa chegada o baloncesto en cadeira de rodas no equipo vigués do AMFIV.Gonzalo descobre neste baloncesto un deporte espectacular, por momentos violento, cheo de compañeirismo. Durante dúass temporadas con case unha década de diferencia segue ao AMFIV e os seus intentos por alzarse cun título europeo.

O documental, unha coprodución coa la produtora portuguesa Take 2000, conta coa participación de TVE, TVG, AGADIC e IBERMEDIA e abarca máis de 10 anos de rodaxe e centos de horas de gravación, desde imaxes caseiras a outras rodadas coas máis innovadoras técnicas, da man da directora de fotografía viguesa Noemí Chantada, ata animacións. Unha película chea de humanidade, momentos únicos, verdade e emoción.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies