Felipe Lage Coro, fundador e director de Zeitun Films e presidente de AGAPI, vén de ser seleccionado no ‘Producers on the Move’ do Festival de Cannes como un dos 20 produtores de todo o mundo.
European Film Promotion (EFP) xa seleccionou aos 20 produtores europeos emerxentes para a súa nova edición, cuxa versión dixital xa se iniciou e a presencial celebrarase do 19 ao 23 deste mes de maio durante o Festival de Cannes. Entre os participantes está Felipe Lage Coro, fundador e director de Zeitun Films.
Organizada por European Film Promotion, EFP, que integra 37 entidades europeas de promoción cinematográfica, Producers on the Move é unha iniciativa destinada a que os produtores poidan coñecer a posibles socios ou presentar os seus proxectos en speed meetings e mesas redondas.
O programa en liña Pre-Festival comezou onte día 3 e finalizará mañá 5 de maio. É nesta parte cando se desenvolven as speed meetings, mesas redondas e sesións de lanzamento. Logo, os produtores seleccionados reuniranse presencialmente durante o Festival de Cinema de Cannes do 19 ao 23 de maio e participarán nun programa in situ de cinco días que case studies ou eventos sociais.
Os produtores son elixidos polas organizacións que forman parte da EFP, entre as que se atopa o Instituto da Cinematografia e das Artes Audiovisuais (ICAA) e nesta ocasión desde España participará Felipe Lage Coro, fundador e director de Zeitun Films, coa que produciu ‘Lúa Vermella’ e ‘Costa da Morte’ de Lois Patiño, ‘A guerra de Miguel’ de Eliane Raheb ou ‘Mimosas’ de Oliver Laxe, entre outras.
Os últimos produtores de empresas españolas en participar neste programa foron Clara Nieto (Powehi Films), Carles Torras (Zabriskie Films), Luisa Romeo (Frida Films), Carlo D’ Ursi (Potenza Producións) e Olmo Figueredo (A Claqueta PC).