O documental ‘A cero.5’, dirixido por Gonzalo Suárez e producido por Agallas Films, terá a súa estrea na Seminci

O documental ‘A cero.5’, dirixido por Gonzalo Suárez e producido por Agallas Films, terá a súa estrea na Seminci

A vindeira edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) contará entre as súas estreas co documental galego ‘A cero.5’, unha coprodución entre Galicia (Agallas Films) e Portugal dirixida por Gonzalo Suárez.

Sinopse: Gonzalo Suárez Garayo quere ser director de cinema. En novembro de 2006 a súa vida párase. E comeza a historia da súa longametraxe. Empeza a practicar baloncesto en cadeira de rodas para non estar só, para seguir a súa rehabilitación que o Estado dá por acabada, e para que a súa película avance. No famoso club vigués de baloncesto en cadeira de rodas Amfiv, atopa a espectacularidade dos choques entre as cadeiras, as aparatosas caídas, as acaloradas protestas, o cheiro da goma queimada, a velocidade, a dureza, o estalido das rodas, a enorme competitividade e o compañeirismo. E a súa historia pode continuar. Cara a un lugar sorprendente.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies