‘O corno do centeo’ de Jaione Camborda  estará no Toronto Filmmaker Lab

‘O corno do centeo’ de Jaione Camborda estará no Toronto Filmmaker Lab

A directora e produtora Jaione Camborda (Esnatu Zinema) vén de ser seleccionada polo Toronto Filmmaker Lab para participar co seu novo proxecto ‘O corno no centeo’, logo do seu paso pola IV edición de La Incubadora de ECAM.


Producida por Andrea Vázquez (Miramemira), Esnatu Zinema e Bando a parte, ‘O corno do centeo’ foi ademais seleccionado en Ikusmira Berriak e conta co apoio de Agadic e TVG.


‘Estamos moi contentas por participar no Toronto Filmaker Lab, que nos brinda a oportunidade de seguir afondando na proposta e na dimensión internacional que contén este proxecto”, sinala Jaione Camborda, que ademais recibirá a axuda TIFF Canada Goose Fellowship, que marca novas vías de contacto relacionadas co Filmmaker Lab.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies