Autor: agapi

‘Aura’, producido por Abano Producións, seleccionado en Sitges

O curtametraxe ‘Aura’, unha produción de Abano Producións, está seleccionado no Festival de Sitges, que se celebrará entre o 7 e o 17 de outubro. ‘Aura’, con dirección, guión, fotografía e montaxe de Also Sisters, e coa interpretación de Bárbara Grandío, foi seleccionado na Sección Noves Visions no Festival de …

O documental ‘A cero.5’, dirixido por Gonzalo Suárez e producido por Agallas Films, terá a súa estrea na Seminci

A vindeira edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) contará entre as súas estreas co documental galego ‘A cero.5’, unha coprodución entre Galicia (Agallas Films) e Portugal dirixida por Gonzalo Suárez. Sinopse: Gonzalo Suárez Garayo quere ser director de cinema. En novembro de 2006 a súa vida párase. …

Arrinca ‘Rapa’, a nova serie de Portocabo para Movistar+

A produtora galega Portocabo volve aliarse con Movistar+ e inicia a rodaxe dunha serie, un thriller no que os lugares elixidos forman parte da trama. Ambientado na serra da Capelada, a comarca de Ferrol é o estudio, Javier Cámara e Mónica López son os seus protagonistas e o auditorio municipal …

A película ‘A Illa das Mentiras’ dirixida por Paula Cons gaña o London Spanish Film Festival e o Celtic Media Fest na categoría de ‘Single Drama’

A 16 edición do London Spanish Film Festival escolleu o filme da directora galega como o mellor entre 11 candidatos, e o Celtic Media Festival premiouno nunha categoría na que competía contra película procedentes dos países celtas. O Xurado do London Spanish Fil Festival, formado nesta edición pola artista británica …

O filme en coprodución con Zeitun Films, ‘Miguel’s war’, estrearase en España no Festival de Sevilla

A película ‘Miguel’s war’ (‘A guerra de Miguel’), dirixida por Eliane Raheb e coproducida polas empresas Zeitun films (Galicia), ITAR productions (Líbano) e Kabinett film (Alemaña), estrearase en España no Festival de Cine de Sevilla. Despois da súa estrea internacional na Berlinale na que acadou o Premio Teddy, a película …

‘Tres’, producida por Frida Films, formará parte da Sección Oficial do Festival de Sitges e terá a súa estrea 5 de novembro da man de Filmax

“TRES”, dirixida por Juanjo Giménez e producida por Frida Films, estrearase en cines o 5 de novembro da man de Filmax trala súa première mundial en Giornate degli Autori do Festival de Venecia e participar en Toronto International Film Festival (Contemporary World Cinema). Juanjo Giménez (Palma de Ouro en Cannes e nomeado ao Oscar pola curtametraxe Timecode) dirixe en “TRES” …

Arrinca a rodaxe de ‘Matria’, película producida por Matriuska Producións e dirixida por Álvaro Gago

Este luns arrincaba en Vilanova de Arousa (Galicia) a rodaxe de Matria, opera prima de Álvaro Gago que se rodará en distintas localizacións de Pontevedra ata finais de outubro. ‘Matria’ é unha produción de Matriuska Producións, Avalon P. C. e Ringo Media, co apoio de ICAA, AGADIC, TVG, Deputación de …

As películas ‘Malencolía’, producida por Maruxiña Film Company, e ‘Eles transportan a morte’, producida por Filmika Galaika, gañadoras do Premio Xacobeo do Festival de Cine de Ourense

A vixésimo sexta edición do Ourense Film Festival deu a coñecer o seu palmarés, no que figuran as películas ‘ Malencolía’ e ‘ Eles transportan a morte’ como gañadoras do Premio Xacobeo, outorgado pola comisión mixta entre a organización do certame e a Xunta de Galicia. O Premio Xacobeo (dotado …

Margarita Ledo, Sonia Méndez e Noemí Chantada, premios ‘Mulleres no Foco’

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) celebraron onte, na Sede Afundación, a entrega dos I Premio Mulleres no Foco, nados co obxectivo de poñer en valor o traballo feminino no sector audiovisual. Margarita Ledo, Sonia Méndez Alonso e Noemí Chantada convertéronse …

A película ‘Eles transportan a morte’ consegue a Mención Especial do xurado da sección Zabaltegui-Tabakalera do Festival de San Sebastián

Tras obter o Premio á Mellor Achega Técnica na 36ª edición da Semana da Crítica da Mostra de Venecia, a película galega ‘Eles Transportan a Morte’, de Helena Girón e Samuel M. Delgado, conseguiu unha Mención Especial do Xurado da sección Zabaltegi-Tabakalera do certame vasco. O Xurado composto por Sergio …