Autor: agapi

Paula Cons estreará en Netflix una docuserie sobre o caso Marta del Castillo

A directora galega Paula Cons, estreará o próximo 5 de novembro Onde está Marta?, unha docuserie que analizará un dos casos criminais máis insólitos de a historia negra de España: o caso Marta del Castillo. Doce anos despois da desaparición da moza sevillana asasinada en xaneiro do 2009, a serie de Paula Cons (‘A …

Vedra acolle esta fin de semana unha nova edición do LAV.mov, con formación audiovisual, concurso de curtas express e as proxeccións de ‘Dhogs’ e as curtas gañadoras do Festival de Cans

O LAV.mov, as xornadas de formación e creación audiovisual organizadas en Vedra pola Asociación Senunpeso, celebra esta fin de semana unha nova edición. Nos días 29, 30 e 31 de outubro, a Estación de Tren de Santa Cruz de Ribadulla acollerá obradoiros de found footage e DIT e postprodución, proxeccións …

O 13 de novembro chega a IX edición do CONECTA, un encontro organizado por CREA

CREA organiza, un ano máis, a IX edición do CONECTA, o evento de networking especialmente pensado para guionistas, profesionais da dirección, creadores e creadoras, e todas as persoas cunha idea ou un proxecto audiovisual en desenvolvemento. Un encontro-laboratorio no que traballar sobre as vosas ideas e proxectos durante unha xornada na que contaredes co …

A produción audiovisual independente consolídase como marca de éxito internacional

As produtoras galegas independentes estiveron presentes recentemente coas súas películas nos principais festivais internacionais e nacionais, desde Venecia, Cannes ata San Sebastián, ademais do recoñecemento da crítica, contan co respaldo do público que demostra ano a ano a súa fidelidade. Que algo está a pasar coa produción galega independente é …

A película ‘Que hicimos mal?’, producida por Matriuska, terá a súa estrea no Festival de Cine de Sevilla

Nestas 18 edicións, o Festival de Sevilla foi a xanela ás voces máis arriscadas e renovadoras do cinema español. Este ano, a barcelonesa Liliana Torres presentará a súa película, ‘Que hicimos mal?’, producida por Matriuska Producións antes de que o filme viaxe á capital de Estonia para a súa premiere …

‘Tres’ acada dous premios nos Festivais de Sitges e Abycine

Tras o seu paso polos festivais de Venecia e Toronto, a película ‘Tres’ dirixida por Juanjo Jiménez, vén de acadar dous premios: Premio Méliès d’Argent á Mellor Película no Festival de Cine de Sitges e Premio Película Joven no Festival Internacional de Cine de Albacete Abycine 2021. Tres está protagonizada …

Aberto o prazo de presentación de obras para a XX Edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual convoca a XX Edición dos Premios do Audiovisual Galego Mestre Mateo como recoñecemento ás obras galegas estreadas entre o 1 de decembro de 2020 ao 30 de novembro de 2021 e aos profesionais creativos e técnicos que traballaron nelas. Todas as obras que desexen participar …

O filme ‘Ons’ xa está dispoñible en Netflix

Desde esta semana ONS é a primeira película en V.O. galego que se pode ver en Netflix. O filme dirixido por Alfonso Zarauza e producido por Maruxiña Film Company, foi o gañador de 9 premios Mestre Mateo na súa XIX Edición 2021. https://netflix.com/title/81477139Índice. Tamén se pode ver en Filmin e …

Os documentais ‘A virxe roxa’, producido por Recrea Films, e ‘A cero.5’, producido por Agallas, estrearánse na Seminci

A vindeira edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid (Seminci) celebrarase entre os días 23- 30 de outubro de 2021 en Valladolid e contará coa estrea dos filmes galegos ‘A virxe roxa’ e ‘A cero.5’. ‘A virxe roxa’, documental dirixido por Marcos Nine, é unha produción de Recrea Filmes. …