A película ‘Que hicimos mal?’, producida por Matriuska, terá a súa estrea no Festival de Cine de Sevilla

A película ‘Que hicimos mal?’, producida por Matriuska, terá a súa estrea no Festival de Cine de Sevilla

Nestas 18 edicións, o Festival de Sevilla foi a xanela ás voces máis arriscadas e renovadoras do cinema español. Este ano, a barcelonesa Liliana Torres presentará a súa película, ‘Que hicimos mal?’, producida por Matriuska Producións antes de que o filme viaxe á capital de Estonia para a súa premiere internacional no prestixioso Tallinn Black Nights Film Festival ( PÖFF), un dos certames máis relevantes do norte de Europa.

En ‘Que hicimos mal?’, Liliana Torres, cuxa estrea internacional en Tallín será o próximo 19 de novembro, ademais de dirixir e escribir a película, é tamén a protagonista, dando vida a unha versión distorsionada de si mesma. Ela é unha directora de cinema en plena crise de parella que decide visitar aos seus antigos noivos, dispersados en distintas cidades, para atopar respostas a certo baleiro interior e á pregunta que dá título á película. Con sentido do humor, ‘Que hicimos mal?’ reflexiona sobre as relacións sentimentais nestes tempos tan emocionalmente convulsos e sobre a procura dunha utópica felicidade. Este é a terceira longametraxe de Torres tras ‘Family Tour’ (2013), coa que gañou o Premio Especial do Xurado no Atlàntida Mallorca Film Fest, e o documental ‘Hayati’ (2018).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies