Tras o seu paso polos festivais de Venecia e Toronto, a película ‘Tres’ dirixida por Juanjo Jiménez, vén de acadar dous premios: Premio Méliès d’Argent á Mellor Película no Festival de Cine de Sitges e Premio Película Joven no Festival Internacional de Cine de Albacete Abycine 2021.
Tres está protagonizada por ‘ C’, Marta Nieto (‘Madre’), que ofrece unha das interpretacións do ano. O seu personaxe é unha deseñadora de son que pasa demasiadas horas gravando, editando e mesturando efectos. Demasiadas horas soa no estudo illada de calquera tipo de relación cos seus. Un día decátase de que ela mesma está a empezar a desincronizarse. Os sons chéganlle máis tarde que as imaxes. ‘ C’ tentará desesperadamente descubrir que se esconde tras esa misteriosa e ameazante asincronía. No seu camiño cruzarase con Iván, Miki Esparbé (‘Reyes de la noche’), quen lle axudará nesa procura que transformará Tres nun fascinante e sorprendente thriller con ecos de Sound of metal e Berberian Sound Studio.
O filme chegará ás salas de cinema o 5 de novembro da man de Filmax.