Autor: agapi

A nova Plataforma Audiovisual de Produtoras Independentes (PAP), na que se integra AGAPI a través de MAPA, presenta os seus obxectivos en San Sebastián

Representando o 90% da produción audiovisual independente do país, PAP nace coa vontade de compartir unha opinión unificada como sector da produción independente. As empresas pertencentes a esta unión, que engloban xéneros como ficción, animación, documental, entretemento e videoxogos, loitarán por mellorar as condicións da produción audiovisual. PAP considera que …

Agapi formará parte do stand da Federación de Asociacións de Produtores MAPA no Iberseries Platino Industria (IPI)

O Iberseries Platino Industria (IPI) será o maior evento internacional para profesionais vinculados á industria audiovisual en español e portugués. Un espazo para establecer nexos culturais e económicos que impulsen o presente e debuxen o futuro do sector audiovisual iberoamericano. Este punto de encontro entre o tecido creativo, as plataformas …

A 15ª edición do ‘I+P, Ideas para Producir’ terá lugar os días 30 de novembro e 1 de decembro en Pontevedra

A 15ª edición do “I+P, Ideas para Producir” confirmou ata o momento a participación de preto dunha vintena de canles de televisión, plataformas, distribuidoras e produtoras en busca de novas ideas e produtos audiovisuais. Organizado polo Clúster Audiovisual Galego, o evento celebrarase os días 30 de novembro e 1 de …

‘Eles transportan a morte’, producida por Filmika Galaika, poderá verse en Galicia no Festival de Cine de Ourense

Logo da súa estrea mundial no Festival de Venecia, o filme ‘Eles transportan a morte’ dirixido por Helena Girón e Samuel Delgado, poderá verse en Galicia dentro da programación da 26º edición do Festival de Cine de Ourense que terá lugar dos días 24 de setembro a 2 de outubro. …

A produción independente alza a súa voz contra Lei Xeral de Comunicación Audiovisual

Os produtores independentes séntense desamparados e en grave perigo coa inminente aprobación da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, que adaptará a España a Directiva Europea de Servizos de Comunicación Audiovisual de 2018. En opinión dos produtores, a redacción actual deste Anteproxecto de lei dinamitará nuns poucos anos o patrimonio cultural …

A nova curta de Xacio Baño, ‘Augas Abisais’ (producida por Rebordelos), poderá verse no Play-Doc Festival

O Play-Doc Festival celebra a súa 17º edición entre o 22 e 26 de setembro. Entre as curtametraxes a concurso da sección galega poderá verse o último traballo de de Xacio Baño, producido pola empresa Rebordelos, que leva por título ‘Augas Abisais’. As entradas xa están dispoñibles no link.

O filme de ficción ‘Eles transportan a morte’ (Filmika Galaika) e o documental ‘No somos nada’ (Tamboura Films) estréanse no Festival de San Sebastián

O pasado 17 de setembro arrincou a edición número 69 do Festival Internacional de Cine de San Sebastián que un ano máis conta con presenza de títulos galegos na súa programación. Trátase do filme de ficción ‘Eles transportan a morte’, dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado, producido por …

O novo filme de Alfonso Zarauza, ‘Malencolía’, producido por Maruxiña Film Company, abrirá o Festival de Cine de Ourense

O vindeiro venres 24 de setembro, ás 20.30h terá lugar a inauguración da XXVI edición do Festival de Cine de Ourense que contará coa nova película de Alfonso Zarauza, ‘Malencolía’ para a súa apertura. O filme galego foi rodado no Carballiño é a sexta película de Alfonso Zarauza. Está producida …

A serie producida por Portocabo ‘Auga Seca’ e a película ‘A illa das mentiras’, de Agallas Films, gañadoras no Celtic Media Festival

A ficción galega recibiu o pasado xoves un novo recoñecemento internacional. A serie producida por Portocabo “Auga Seca” e a película producida por Agallas Films “A illa das mentiras”, resultaron premiadas nos Premios Celtic Media 2021, nas categorías de mellor serie e mellor película, respectivamente. “A illa das mentiras” impúxose na súa categoría ás …