A nova Plataforma Audiovisual de Produtoras Independentes (PAP), na que se integra AGAPI a través de MAPA, presenta os seus obxectivos en San Sebastián

A nova Plataforma Audiovisual de Produtoras Independentes (PAP), na que se integra AGAPI a través de MAPA, presenta os seus obxectivos en San Sebastián

Representando o 90% da produción audiovisual independente do país, PAP nace coa vontade de compartir unha opinión unificada como sector da produción independente. As empresas pertencentes a esta unión, que engloban xéneros como ficción, animación, documental, entretemento e videoxogos, loitarán por mellorar as condicións da produción audiovisual. PAP considera que España “non está á altura” de moitos dos seus veciños europeos, os cales “puxeron os medios adecuados para desenvolver o audiovisual como sector estratéxico”. Por iso, realizarán diferentes iniciativas para alcanzar a “complicidade política” necesaria para reforzar “o patrimonio cultural do Estado Español dentro e fóra das nosas fronteiras”.

Durante os seus primeiros meses de acción, PAP centrará a súa atención en diferentes puntos de gran interese. A plataforma promoverá modificacións lexislativas á Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, a Lei do Cinema e á Propiedade Intelectual; solicitará unha actualización do fomento de axudas ao audiovisual, que implica a análise para o cambio do modelo do actual ICAA, o orzamento xeral e as estratexias de axudas completas; e loitará por participar na configuración e contidos do proxecto España, Hub Audiovisual de Europa, o cal definen como o “chamado proxecto estrela do goberno de Pedro Sánchez”.

Na súa presentación no marco do Festival de San Sebastián, PAP fixo fincapé na “ineludible necesidade” de que se estableza unha definición “clara e real” do que é unha produtora independente, algo que non figura no actual Anteproxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual. “Creemos que un produtor que ten unha dependencia notoria e ás veces mesmo societaria dunha gran compañía de televisión, pode ser de gran valor para o sector e ofrecer traballos audiovisuais excelentes. Pero non se pode afirmar que sexa unha produtora independente. A nova Lei debería, por tanto, deixar a definición de produtor independente máis clara”, apunta a plataforma.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies