‘Eles transportan a morte’, producida por Filmika Galaika, poderá verse en Galicia no Festival de Cine de Ourense

‘Eles transportan a morte’, producida por Filmika Galaika, poderá verse en Galicia no Festival de Cine de Ourense

Logo da súa estrea mundial no Festival de Venecia, o filme ‘Eles transportan a morte’ dirixido por Helena Girón e Samuel Delgado, poderá verse en Galicia dentro da programación da 26º edición do Festival de Cine de Ourense que terá lugar dos días 24 de setembro a 2 de outubro.

Esta película, producida por Filmika Galaika, contou no proceso de mestura de son coa empresa Cinemar Films.

‘Eles transportan a morte’ compite na sección oficial con outro filme galego ‘Malencolía’, dirixido por Alfonso Zarauza e producido por Maruxiña Film Company, que será o título encargado de inaugurar o Festival o vindeiro venres 24.

Sección Oficial