O pasado 17 de setembro arrincou a edición número 69 do Festival Internacional de Cine de San Sebastián que un ano máis conta con presenza de títulos galegos na súa programación.
Trátase do filme de ficción ‘Eles transportan a morte’, dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado, producido por Filmika Galaika que compite dentro da sección de Zabaltegi Tabakalera, na que as obras presentadas optan ao Premio Zabaltegui Tabakalera dotado con 20.000 €.
Por outra banda, o documental ‘No somos nada’, dirixido por Javier Corcuera, e producido por Tamboura Films compite na sección a concurso Zinemira na que opta ao Premio Zinemira outorgado polas asociacións de produtoras vascas EPE-APV e IBAIA.