Este luns arrincaba en Vilanova de Arousa (Galicia) a rodaxe de Matria, opera prima de Álvaro Gago que se rodará en distintas localizacións de Pontevedra ata finais de outubro.
‘Matria’ é unha produción de Matriuska Producións, Avalon P. C. e Ringo Media, co apoio de ICAA, AGADIC, TVG, Deputación de Pontevedra e A Incubadora. A película parte do personaxe principal da curtametraxe homónima que levou a Álvaro Gago a recibir innumerables recoñecementos a nivel nacional e internacional, entre os que destacan o Gran Premio do Xurado no Festival de Sundance 2018 e o nomeamento ao Goya a Mellor Curtametraxe de Ficción en 2019.
María Vázquez (Quen a ferro mata, Fariña) interpreta a Ramona, unha muller de corenta anos que vive sumida nun contexto laboral e persoal tenso e impredicible. Crúzase con Xosé, un home con quen constrúe unha inusual amizade que lle permite pensar que, igual, haxa algo novo polo que vivir.
Previo á súa rodaxe, o proxecto de Matria foi seleccionado no Berlinale Coproduction Market e o Mediterranean Film Institute.
Ademais, Gago foi seleccionado para participar o TIFF Filmmarket Lab e recentemente seleccionado pola revista Screen International como unha das Spain Stars of Tomorrow. A estrea de ‘Matria’ está previsto para finais de 2022 da man de Avalon D.A. e as vendas internacionais corren a cargo de New Europe Film Sales.