Margarita Ledo, Sonia Méndez e Noemí Chantada, premios ‘Mulleres no Foco’

Margarita Ledo, Sonia Méndez e Noemí Chantada, premios ‘Mulleres no Foco’

A Deputación de Pontevedra e a Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA) celebraron onte, na Sede Afundación, a entrega dos I Premio Mulleres no Foco, nados co obxectivo de poñer en valor o traballo feminino no sector audiovisual.

Margarita Ledo, Sonia Méndez Alonso e Noemí Chantada convertéronse nas primeiras galardoadas entre catorce profesionais nomeadas previamente. A cerimonia, que completou o aforo con máis de 150 persoas en directo e que foi retransmitida por streaming, estivo conducida polas actrices Neves Rodríguez, Mela Casal e Sheyla Fariña, e amenizada coa actuación musical de Guadi Galego.

As galardoadas recibiron de mans de Carmela Silva, presidenta da Deputación, a actriz Uxía Blanco e a produtora Chelo Loureiro, respectivamente, os premios, que foron deseñador por Pilar Alonso. A artista viguesa ideou un vangardista carrete de cinema no que destaca o emprego do metal, metacrilato e o debuxo. A presidenta provincial e Chelo Loureiro, integrante da xunta directiva de CIMA, tamén fixeron entrega ás nomeadas dunha figura de Sargadelos.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies