Agapi (Asociación Galega de Produtoras Independentes) organiza os vindeiros días 14 e 15 de setembro unhas xornadas de formación en liña dedicadas a analizar os aspectos relacionados coa correcta presentación dun proxecto audiovisual nas súas etapas creativas, centrando o foco no deseño do dossier e na presentación do pitching. Esta actividade está subvencionada pola Deputación da Coruña e conta coa colaboración de EGEDA (Entidad de Gestión de Derechos de los Productores Audiovisuales).
Pamela Biénzobas será a encargada de impartir esta formación. Con un perfil polivalente e completo como programadora, crítica, asesora de desenvolvemento e consultora, Pamela achegará a súa experiencia para explicar como comunicar en cada e etapa do proxecto, que erros se deben evitar e cales son os retos e oportunidades que presenta a virtualidade na preparación e visión creativa do traballo.
As xornadas retransmitiránse en streaming a través da plataforma zoom e serán de balde ate completar aforo. Os/as interesados/as deberán enviar un correo a prensa@agapi.gal antes do 13 de setembro indicando nome, apelidos e enderezo electrónico.