Mañá, 1 de setembro, arrinca a 78 edición da Mostra Internacional de Cine de Venecia ‘Bienalle di Venezia’ que terá lugar entre os días 1 e 11 na cidade italiana. Este ano contará coa estrea de dúas películas de produción galega, ‘Eles transportan a morte’ e ‘Tres’.
O día 5 de setembro estrearase o filme ‘Tres’ dirixido por Juanjo Jiménez e producido por Frida Films e o 7 de setembro será a quenda da estrea de ‘Eles transportan a morte’, dirixido por Helena Girón e Samuel M. Delgado e producido por Filmika Galaika.
Ambos filmes terán a súa premiere nesta importante cita audiovisual que, unha vez máis, sitúa ás producións galegas no cumio do cinema internacional.