Autor: agapi

17 de marzo na Filmoteca-Galicia ProFilme: encontro con José Luis Cienfuegos

A Axencia Galega das Industrias Culturais retoma o programa formativo Galicia ProFilme coa posta en marcha dos Luns na Filmoteca, un novo ciclo de sesións nas que se abordarán os diferentes aspectos a ter en conta no lanzamento, difusión e distribución dunha película cinematográfica. Estas xornadas arrancan o vindeiro 17 de …

O vindeiro 15 de febreiro terá lugar a Gran gala da Chanfainalab

O vindeiro sábado, 15 de febreiro estréanse en primicia mundial, na Casa da Cultura de San Sadurniño 24 curtametraxes realizadas no marco da IX edición da Chanfainalab. A metade das pezas foron gravadas por cineastas galeg@s:  Irene Ávila Xosé Bocixa, Fon Cortizo, Fernando Cortizo, Eva Lareo, María Martelo, Carlos Martínez-Peñalver, …

Éxito das produtoras asociadas de Agapi nas candidaturas finalistas aos Mestre Mateo

Tras coñecer as candidaturas finalistas da vixésimo terceira edición dos Premios Mestre Mateo nun acto celebrado no Pazo da Deputación de Pontevedra, a Asociación Galega de Produtoras Independentes, Agapi, quere dar os seus parabéns a todo o audiovisual galego polo seu traballo e, moi especialmente, ás nove produtoras asociadas -que suman un …

‘Filmei Paxaros Voando’ (Sétima) chega esta semana a Lugo, A Estrada, Ferrol e Santiago de Compostela

‘Filmei Paxaros Voando’, o debut intimista da cineasta Zeltia Outeiriño segue o seu camiño polas salas de Galicia. Despois dunha estrea o día 31 en A Coruña, con presencia do equipo, o filme documental esgotou as entradas para o seu primeiro pase en Vigo, o pasado domingo 2 de febreiro. …

Estrea na TVG de ‘A Coral’, unha nova comedia producida por Tex45

O vindeiro domingo 9 de febreiro, xusto despois do Telexornal da Noite, chega á TVG unha serie que celebra o humor e a música coral cun elenco de luxo. Televisión de Galicia presenta a súa nova aposta de ficción: A Coral, unha comedia de trece episodios producida por Tex45 que …

Agapi, 30 anos de historia con 40 empresas do audiovisual asociadas

No 2024, a Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais, Agapi, fixo 30 anos de traxectoria como asociación empresarial precursora do sector audiovisual galego. Anos nos que día a día se traballou para crear vínculos entre todos os axentes do sector, incluíndo as administracións e as televisións, tanto galegas como estatais. A …

A TVG estrea ‘Lévame, lévame’, programa producido por M International Audiovisual no que os famosos fan autostop para sorpresa dos condutores.

Televisión de Galicia estrea este luns á noite ‘Lévame, lévame’ (22:20 h), un novo programa de entretemento producido por M International Audiovisual e protagonizado por personaxes populares e condutores galegos anónimos. Unha divertida proposta da canle pública, que se desenvolverá nas estradas comarcais galegas.  En cada entrega de ‘Lévame, lévame’, …

AGAPI IMPULSA COPROS, un compromiso co futuro do audiovisual galego

No ano 2022 a Asociación Galega de Produtoras Audiovisuais, AGAPI, puxo en marcha a iniciativa AGAPI IMPULSA COPROS, un proxecto que busca tender pontes entre as xeracións máis novas do audiovisual galego e as produtoras máis consolidadas para dar pulo a novos talentos, e dar unha oportunidade de crecemento empresarial …

Webinar: ‘A importancia da script durante os procesos de rodaxe’

No último dos webinars orzanizados dentro da III edición do programa de asesoramento Agapi Impulsa Copros abordaremos con Alba Gallego o achegamento ao traballo dunha script nos procesos de rodaxe. Nesta formación tratarase a importancia do proceso de preprodución: desgloses, desenvolvemento cronolóxico, cronograma, obxectivos de cada secuencia e revisión do …

Finaliza a rodaxe de ‘As liñas descontinuas’, producida por Sétima

A cineasta galega Anxos Fazáns culmina a rodaxe do seu segundo filme ‘As liñas descontinuas’ producido por Sétima, unha historia sobre a conexión humana filmada integramente en galego e ambientada nas localidades pontevedresas de Vigo e Marín. Este proxecto, rodado integramente en galego, foi parte da última edición do Campus …