Finaliza a rodaxe de ‘As liñas descontinuas’, producida por Sétima

Finaliza a rodaxe de ‘As liñas descontinuas’, producida por Sétima

A cineasta galega Anxos Fazáns culmina a rodaxe do seu segundo filme ‘As liñas descontinuas’ producido por Sétima, unha historia sobre a conexión humana filmada integramente en galego e ambientada nas localidades pontevedresas de Vigo e Marín.

Este proxecto, rodado integramente en galego, foi parte da última edición do Campus de Verán da Academia de Cinema. A película conta coas actuacións principais de Mara Sánchez e Adam Prieto. Segundo Fazáns, ‘As liñas descontinuas’ explora a maxia da conexión humana. “Fala da unión, do incrible que é que dúas ou máis persoas poidan conectar, deixar de sentirse soas e unirse para formar parte dun todo”, explica a directora.

Inspirada nunha noticia que leu nun xornal, a historia comeza co encontro inesperado entre Bea, unha produtora musical que atravesa unha crise persoal, e Denís, un mozo que, tras unha noite de festa cos seus amigos, entra na súa casa. “Era esencial que a rodaxe reflectise ese espírito, construíndose como un espazo seguro de traballo. Grazas á dedicación de todo o equipo e os intérpretes, logramos que esta experiencia de rodaxe sexa única. Agora, o desafío continúa cos procesos de montaxe e postproducción”, engade Fazáns.

Sinopse: Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu o últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies